Volver
Concello de Pontevedra

Benvida/o á oferta formativa de Conecta Emprego para cidadáns de Pontevedra.

 

En Conecta Emprego preparámoste para orientar a túa carreira profesional cara a un sector con grandes posibilidades na nova realidade laboral: o dixital.

Ofrecemos cursos en liña gratuítos de calidade e ferramentas para orientarte e formarte nas competencias tecnolóxicas con máis demanda de emprego.

Poñemos á túa disposición unha selección de cursos en liña de balde, para que desenvolvas as competencias dixitais máis demandadas do momento. Estes cursos en formato de autoestudo teñen unha duración de entre 20 e 40 horas, e pódelos realizar ao teu ritmo.

Contan con actividades prácticas para poñer en uso os coñecementos adquiridos e distintos foros onde poderás interactuar co resto do alumnado.